Arquivo |
Sobre as 5 desta tarde o 112 Galicia recibía unha nova chamada de alerta dunha persoa particular. No seu relato indicaba que, tres persoas atopábanse na auga o lado dunha embarcación envorcada, na praia próxima a igrexa de San Vicente do Mar.
Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou un novo aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Así como, o servizo sanitario de urxencia, os axentes da Garda Civil e Policía Local e ao Servizo Municipal de Emerxencias do Grove.
Segundo se lle informou ao 112 Galicia as persoas foron trasladadas por unha embarcación particular ata o porto de Meloxo onde se descartou lesión ningunha. Pola súa banda a embarcación puido ser amarrada no porto unha vez dada a volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.