Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de mayo de 2019

A CAMBADESA PAULA GONZÁLEZ FARIÑA GAÑA O PREMIO SOFÍA NOVOA ORTIZ


A Deputación falla os III Premios Sofía Novoa Ortiz, que galardoan os traballos de seis estudantes da Universidade de Vigo

Os distintivos premian a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster nos Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe o fallo da terceira edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz, os galardóns impulsados cada ano pola institución provincial que recoñecen a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e de fin de grao dos tres campus da Universidade de Vigo. "Seguimos apostando por apoiar iniciativas que están a estender a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres e a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da sociedade", explicou Silva que, a continuación, anunciou o nome das autoras dos seis traballos premiados.

Así, na modalidade de fin de grao outorgáronse tres premios. O primeiro, dotado con 1.000 euros, recibiuno Paula González Fariña, de Cambados, pola súa obra "V", unha peza audiovisual que pon de manifesto as desigualdades entre homes e mulleres mediante o intercambio de roles tradicionais. O segundo premio, tamén de 1.000 euros, recaeu en Laura Cao Dóriga, de Viveiro, por "O rol da muller e a linguaxe sexista na tradución cara ao galego e ao español de The house on Mango Street", que consiste nunha análise da tradución literaria desta novela con reivindicación feminista. O terceiro premio, de 600 euros, levouno Alba Vicente Coedo, da Guarda, por "Análisis de la representación de la mujer en la vigesimotercera edición del diccionario de la lengua española (RAE y ASALE) y sus actualizaciones", que estuda a última edición impresa do Dicionario da Lingua Española e a última actualización electrónica como visión androcéntrica.

En canto á modalidade de fin de máster, tamén se entregarán tres galardóns. O primeiro, dotado con 1.000 euros, foi para María Dolores Fernandes del Pozo, de Mos, por "Introdución da perspectiva de xénero na aula de inglés como lingua estranxeira: proposta de adaptación dunha unidade didáctica real para 1º de Bacharelato". O segundo galardón, tamén de 1.000 euros, recaeu en Andrea López Pastoriza, de Moaña, por "Trazos de xénero na Elección de Estudos na Familia profesional da Administración e Xestión", no que se analizan profesións e estudos feminizados e masculinizados na FP desa rama do coñecemento. Por último, o terceiro premio, de 600 euros, recibiuno Belén Calero Blanco, de Vigo, por "Ciencia y género: una propuesta didáctica para trabajar en el aula", no que se poñen de manifesto as desigualdades entre mulleres e homes no ámbito científico-tecnolóxico.

Silva tamén aproveitou para anunciar que a data de entrega dos premios aínda non está fixada pero si o emprazamento, posto que será na Misión Biolóxica. Ademais, a presidenta quixo enxalzar de novo a figura de Sofía Novoa, a muller que lle dá nome a estes premios, "por estar silenciada a esquecida nos libros". "Foi unha pedagoga cunha gran cultura e fixo grandes contribucións á sociedade. Unha muller moi comprometida que empregou a música como vehículo para o ensino da cultura e do idioma e que loitou para que as mulleres ocuparan espazos públicos", engadiu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.