Nova información facilitada pola OMIX de Cambados
* Aloxamento para estudantes, aberto prazo pola universidade de Santiago (USC).
Prazos: Para os solicitantes de nova admisión: dende o día 2 de maio ata ás 14:00 h do 28 de xuño de 2019 ambos os dous inclusive.
Máis información en http://www.usc.es/es/servizos/ oiu/aloxest.html Tlf.: 881 814 574 / 575/ 582
*A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de textos e material escolar para o curso 2019/2020.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 20 de xuño de 2019. Máis información no DOG do 20 de maio de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/ fondolibros
A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.
1. No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2018/19.
2. Nas axudas para adquirir libros de texto podrá participar alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.
3. Nas axudas para adquirir material escolar podrá participar o alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

A asignación de libros farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
Obrigas das persoas beneficiarias:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19.
Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 20 de xuño de 2019.
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 20 de maio de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 20 de maio de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros
* A Consellería de Política Social abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.
Máis información en : xuventude.programas@xunta.es
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), aposta pola importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal e de socialización da nosa xuventude, para a adquisición de valores e competencias e para a construción da cidadanía e a promoción da cohesión social e o compromiso.
Así mesmo, a diversidade funcional representa un escenario que require de novas realidades de traballo e da necesidade de transformar as accións para que os distintos espazos sexan de verdade espazos inclusivos.
Con este fin, e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.
Tratarase de monitores e monitoras de tempo libre que conten con formación especializada ou con experiencia acreditada neste eido.
As persoas interesadas deberán enviar a información relativa á súa formación e/ou experiencia a través deste formulario.
A DXXPV comunicará os datos facilitados á empresa ou empresas que resulten adxudicatarias do servizo de monitorado de apoio das persoas con discapacidade nos campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, coa finalidade de seleccionar os equipos de apoio nos distintos campamentos.
A comunicación de datos procurará información sobre monitorado coa formación e experiencia necesaria para tratar de garantir a participación plena das persoas con discapacidade nos distintos campamentos, pero non implica compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria.
A presentación do formulario leva implícita a autorización para trasladar os datos consignados no formulario á empresa adxudicataria do servizo de monitorado de apoio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.