Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2019

ESTE DOMINGO TARDE COMPLETA, CINE E TEATRO

Este vindeiro domingo tedes a oportunidade de ver a obra de Teatro Caracol. Este ano unha versión de Peter Pan.
A obra conta os avatares dunha compañía de teatro que vai interpretar a peza de James M. Barrie. Aínda que o fío argumental é Peter Pan, o importante é historia que hai detrás da representación. A representación de Caracol coma sempre sacará o sorriso dos asistentes.
Peter Pan é un personaxe ficticio creado polo escritor escocés James Matthew Barrie para unha obra de teatro estreada en Londres o 27 de decembro de 1904 chamada Peter Pan e Wendy. Peter Pan é un neno que nunca crece, ten dez anos e odia o mundo dos adultos. Sempre vai acompañado da súa fada ( Campanilla). O po que esta desprende fai que Peter teña a capacidade de voar indefinidamente. Vive no país de Nunca xamais, unha illa poboada tanto por piratas como por indios, fadas e sirenas, onde vive numerosas aventuras xunto aos seus amigos, os Nenos Perdidos.

O domingo 7, no Instituto Asorey, haberá dúas funcións para o público en xeral. Serán ás seis e ás oito da tarde. As entradas pódense adquirir xa en Sansatur e Chinelas.

Tamén o domingo e para celebrar o 2 de Abril DIA MUNDIAL DO AUTISMO as 17h no Auditorio de A Xuventude, @s cambades@s poderán desfrutar do filme CAMPEONES, un filme que fomenta a inclusión social.

Campeones es una comedia dramática de 2018 dirigida por Javier Fesser.​ Marco, un entrenador profesional de baloncesto desempleado, debe entrenar a un equipo compuesto por personas con discapacidad intelectual por haber manejado ebrio. Lo que comienza como un reto difícil se acabará convirtiendo en una lección de vida.

A cinta foi elixida para representar a España na 91.ª edición dos Premios Óscar na categoría Mellor película de fala non inglesa





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.