Onte, 19 de febreiro de 2019 publicouse no DOG núm. 35 a convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Instrucións para poder solicitados.
Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións. - Prazo de presentación das solicitudes (base 3.5): do 20 de febreiro de 2019 ata o 11 de marzo de 2019.
- Forma de presentación:
• Cursos Presenciais (base 3.2):
Presentarase Preferiblemente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. (Formulario PL600A- dirixido á Xefatura Territorial da
Consellería de Cultura e Turismo).
Opcionalmente presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa do procedemento administrativo común.(Formulario PL600A – dirixido á Secretaría
Xeral de Política Lingüística).
• Cursos de teleformación (base 3.3):
Presentarase Obrigatoriamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. (Formulario PL600A – dirixido á Secretaría Xeral de
Política Lingüística).
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
- Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:
Ver base 4.
Instrucións para presentar a solicitude:
. Entre en https://sede.xunta.gal
. Prema en e! Sede electrónica (cadro laranxa)
. Arriba (en Buscar) poña o procedemento PL600A e inicie a busca
. Prema dúas veces no primeiro resultado da busca: PL600A – Cursos de lingua galega preparatorios...
. Vaia a Presentación: Solicitude en liña ou Solicitude presencial
. Atopará dúas opcións: Chave365 ou DNI electrónico. Prema na que lle interese.
. Cubra os datos do anexo I (gardar e continuar) – logo anexe a documentación ( gardar e continuar) – e para
rematar asinar e presentar. (non se esqueza de obter recibo)
. Con iso a solicitude xa estaría presentada e remataría o trámite. (Descargue o xustificante).
CURSOS PONTEVEDRA
1. Presenciais:
- Pontevedra ........................... Celga 3
- Pontevedra ........................... Celga 4
- Vigo .................................... Celga 2
- Vigo .................................... Celga 3
- Vigo .................................... Celga 4
2. Teleformación:
- Ámbito xeográfico Galicia........................... 3 cursos Celga 1
- Ámbito xeográfico Pontevedra.................... 1 curso Celga 3
- Ámbito xeográfico Pontevedra.................... 2 cursos Celga 4
Gabinete Normalización Lingüística de Pontevedra
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo
Teléfonos de contacto: 986 80 59 56- 986 80 59 71- 986 80 59 57
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.