Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de enero de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS ACOLLE DENDE ESTE XOVES A MOSTRA DA DEPUTACIÓN "ACHEGAS DAS MULLERES Á SUSTENTABILIDADE DO MAR"

A exposición, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, poderá visitarse ata o vindeiro 6 de febreiro.
O salón de plenos do concello de Cambados acollerá este xoves ás 12.00 horas a inauguración da exposición da Deputación "Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar", unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Así, a mostra poderá visitarse ata o día 6 de febreiro en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
"Achegas a mulleres do mar" chega a vila do Salnés tras o seu paso pola Sala de Exposicións do Concello do Rosal, polo Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio, pola Praza de Abastos de Mondariz, polo Museo do Mar da Guarda, polo Campus de Ourense, polo Campus de Vigo e polo de Pontevedra. De feito, foi neste último campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.
A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.