Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso
“Amándome coidándome”
Trátase de coñecerse mellor en tódolos ámbitos para disfrutar
de mais calidade de vida. Pensado para mulleres de tódalas idades.
O Concello de Cambados sigue traballando a prol das mulleres e agora organiza un curso de autocoñecemento para que mulleres de todas as idades poidan mellorar a súa autoestima.
Baixo o nome de “Amándome, Coidándome” o taller teórico práctico, promovido pola Concellería de Igualdade, desenvolverase durante o mes de febreiro de martes a venres de 10 horas a 12 horas en Exposalnés.
A iniciativa ten carácter gratuito e poderán participar un máximo de 20 mulleres inscribíndose previamente a través da Oficina de Turismo de Cambados.
Lugar: Exposalnés
Horario: de 10 a 12 h
Días: de martes a venres
Datas: do 5 ao 28 de febreiro
Duración: 30 h.
Podes inscribirte na Oficina de Turismo: Exposalnés Paseo da calzada
(Prazas limitadas por orde e inscrición)
GRATUITO
Tamén tes información de:
· Curso de manipulador de alimentos (7 de febreiro en Cambados)
· Intercambios xuvenís a Italia e Xapón
No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca dous intercambios xuvenís:
· Curso para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Destinatarios:
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
Número de prazas: 180.
Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
Datas de realización: do 18 de febreiro ao 24 de maio de 2019

Contido:
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

Solicitudes de participación: a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
O prazo para a inscrición estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2019.
O prazo para a inscrición estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2019.
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2019 e en https://cemit.xunta.gal/cemit_servizos
Máis información: Omix – Concello de Cambados
2 anexos — Descargar todos os anexos | |||
| |||
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.