Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de diciembre de 2018

NOVO EMPATE DO CAMBADOS TENIS DE MESA, ONTE EN VILAGARCÍA


Vilagarcía Tenis de Mesa e Cambados Tenis de Mesa concluíron cun empate a xornada. Nigeruk e Cabezas adiantaron ao cadro local, mentres que Shaposhnikov, Liang e Padín reaccionaron remontando o duelo (2-3), pero Reiner Cabezas superou a Shaposhnikov para selar o duelo cun empate a tres.

Polos cambadeses formaron Qiu Liang(1) cedendo ante Renier Cabezas e vencendo a Nigeruk, Fernando Padin(1) cedendo ante Nigeruk e vencendo a Pedro Castro e Stepan Shaposhnikov(1) vencendo a Pedro Castro e cedendo ante Cabezas. Mal resultado para os cambadeses que deixaron escapar unha boa oportunidade de conseguir a vitoria. Deixando escapar varias vantaxes durante o partido como a vantaxe inicial de 2-0 de Fernando ante Nigeruk e de Shaposhnikov ante Cabezas no ultimo partido asi como a inesperada derrota de Liang ante Cabezas que fixo que só se puidese conseguir o empate.

Con este empate o clube cambadés sigue fora do descenso e cun partido menos.

Info e imaxe: Cambados Tenis de Mesa




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.