Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de diciembre de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS

A San Silvestre Solidaria de Cambados organizada polo Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval e o concello de Cambados, mantén o seu espírito orixinal de servir de pequeno gran de area social, ao incluír entre as súas contadas esixencias de participación a entrega de 1 quilogramo de comida non perecedoira no momento da recollida do dorsal. Comida que irá destinada ao banco de alimentos do departamento de servizos sociais do Concello da vila do albariño.

Aberta a corredores de tres anos en diante, os responsables da V San Silvestre Solidaria fixan unha proba reina de 5 quilómetros para aqueles atletas que cumprisen polo menos os 14 anos de idade. Para eles deseñouse un circuíto urbano, con dúas voltas de 2,5 quilómetros ao mesmo con saída ás 17.30 horas desde a Praza do Concello, que tamén servirá de punto de meta. No caso dos menores de 14 anos o C.A. C.-Seguros Noval deseñou tres categorías, coas súas diferentes distancias. A chupete, para nenos de 3 a 7 anos, cun percorrido de 100 metros pola Avenida de Galicia e saída ás 16.40 horas. A mini, para os rapaces de 8, 9 e 10 anos, que correrán 400 metros polo centro urbano de Cambados. E a promesas, limitada aos mozos de 11, 12 e 13 anos, con 800 metros por diante.
Os interesados poden anotarse ata as 23.59 horas do xoves día 28 na web www.galitiming.com. O custo é de 2 euros para a categoría absoluta -14 anos en diante-, e gratuíta para o resto.

A última cita deportiva do ano en Arousa conta coa colaboración do Concello de Cambados, DIVADIV, Larsa, Panadería A Modia, ABANCA, Noval Xestión Inmobiliaria, Eroski Center e Gadis.

Ao termo da carreira haberá repartición de premios. Con medallas e trofeos no caso dos máis pequenos. E cesta de nadal para o campión masculino e a feminina, e lotes do Nadal para os segundos e terceiros, ademais de senllos trofeos para todos eles.Curiosamente, tamén haberá recompensas en metálico. Só que non premiarán aos máis rápidos, senón aos máis audaces. Con 100, 75 e 50 euros para os participantes mellor disfrazados en opinión do xurado da proba, e de 150 no caso dos disfraces en grupo, considerado como tal o formado por polo menos tres atletas.



Categorías

Chupetes (3 a 7 anos). 100m 
Mini (8 a 10 anos). 400m 
Promesa (11 a 13 anos). 800m 
Absoluto (a partir de 14 anos). 5 Kilometros 

Premios:

Chupetes. Medalla conmemorativa para todolos participantes 
Mini. Trofeo para os tres primeiros e medalla conmemorativa para todolos participantes 
Promesa. Trofeo para os tres primeiros e medalla conmemorativa para tódolos participantes 
Absoluto. Triofeo e cesta de nadal para os tres primeiros clasificados Masculino e Femenino.

E se vas disfrazado:
Mellor disfraz individual. 1º-100€, 2º-75€. 3º- 50€ 
Mellor disfraz en grupo (Mínimo 3 compoñentes) 150€
Rosca e refresco para todos ó finalizar a carreira

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.