Eran as 20:55 horas cando un terremoto de magnitude 3,8 e con epicentro na localidade lusa de Melgaço sentiuse no sur da comunidade autónoma, especialmente nas localidades da comarca do Condado.
O tremor sentiuse especialmente na Cañiza, Covelo, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, As Neves, Crecente, entre outros.
En localidades como Cambados e máis ao norte de Galicia tamén se sinteu. Arestora centos de persoas ata de Santiago ou Lugo comunican vía twitter que tamén se sinteu nesas zonas.
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un terremoto con epicentro no municipio luso de Melgaço, fronteirizo con Arbo, de 3,8 na escala de Richter ás 20.55 horas. O epicentro é case na fronteira luso galaica e o sismo tivo unha profundidade de doce quilómetros. Sentiuse con bastante intensidade en toda a fronteira, tanto no Baixo Miño como nas comarcas da Louriña, O Condado e A Paradanta. Os servizos de emerxencias, tanto do 112 como da Garda Civil e as policías locais han recibido numerosas chamadas alertando do movemento que seguiu "a un forte estrondo". Non se coñecen danos materiais nin persoais.
O Instituto Xeográfico Nacional publicou no seu Twitter a localización exacta do movemento sísmico, que sitúa ás 19.55 horas (hora local lusa, unha menos que en España). Calculan que o epicentro do tremor está a 24 quilómetros de profundidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.