Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de noviembre de 2018

ZONA CENTRO PRESENTA A CUARTA EDICIÓN DO DESFILE DE MODA


Cambados Zona Centro vén de presentar a cuarta edición do Desfile de Moda que se vai celebrar a partir das 18:00 horas do domingo 25 de novembro no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. O evento, organizado por Zona Centro, conta coa colaboración do Concello de Cambados, Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. Nesta edición participan 21 establecementos de moda, calzado e estilismo, que presentarán as últimas tendencias no sector da moda. A entrada é gratuíta e contará con un taller infantil organizado pola asociación TDAH Salnés para ter entretidos aos nenos mentres os seus pais gozan do pase de moda.
O acto foi presentado polo presidente da Asociación, Juan Rey, xunto os Concelleiros de Cultura e Economía do Concello de Cambados, Victor Caamaño e Xurxo Charlín.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.