Un home, veciño de Sanxenxo de 71 anos, morreu esta noite pasada ao caer cunha furgoneta ao mar no peirao de Portonovo, no concello de Sanxenxo.
O vehículo caeu a auga arredor das 20.45 horas. Acudiron mergulladores do servizo de bombeiros de Sanxenxo que lograron rescatar o corpo do condutor a unha profundidade duns 20 metros, uns 40 minutos despois. A furgoneta foi achada a uns 50 metros aproximadamente do espigón, debido ás fortes correntes mariñas.Os efectivos sanitarios trataron de reanimar a vítima pero non puideron facer nada por salvar a súa vida. Por agora descoñécense as causas do suceso. Segundo testemuñas presenciais, o condutor non reduciu a velocidade en ningún momento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.