Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de noviembre de 2018

JAVIER DIOS ANUNCIA UNHA NOVA ACHEGA DO PLAN CONCELLOS PARA VILANOVA POR MÁIS DE 43.000 EUROS

Con este investimento, a Deputación de Pontevedra financiará un sistema de vídeo vixilancia do tráfico neste municipio do Salnés O deputado provincial Javier Dios confirmou hoxe a aprobación, mediante resolución presidencial, dunha nova achega para Vilanova de Arousa ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha axuda de 43.784,79 euros cos que poderán financiar un sistema de vídeo vixilancia do tráfico neste municipio. Máis polo miúdo, con esta iniciativa o goberno de Carmela Silva financiará novas instalacións de seguridade e control para o concello de Vilanova a través da implantación dun sinal de vídeo vixilancia ás forzas de seguridade locais, orientadas ao control do tráfico. As actuacións consistirán na instalación de nove cámaras IP para vídeo vixilancia orientada ao control do tráfico.
Ademais desta nova achega, a Deputación, a través do Plan Concellos, xa ten adxudicado outras partidas para este municipio do Salnés. En concreto, mediante a liña 1, téñense aprobado 12.660 euros para a adquisición de equipamento para o ximnasio do Multiusos; 30.000 euros para a compra de terreos no Terrón; 32.577,74 € para a construción do paseo marítimo nas Sinas; 48.319,39 para a pavimentación en Corón; 43.653,87 euros para pavimentación en Vilanova de Arousa; 32.307 € para unha pista multideporte; 17.545 € para a adquisición de equipamento infantil; 70.000 € para a adquisición dun local para o arquivo municipal; 46.971,61 € para o acondicionamento de camiños en San Miguel de Deiro; 48.347,53 € para o reforzo do firme en Caleiro; e 14.294,94 € para a adquisición de cadeiras destinadas a diferentes eventos. Ademais, a Deputación adxudicou 70.896,82 € no que corresponde á liña 2 e tamén outros 168.379,94 € que foron destinados á financiación da contratación de 16 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego. A Deputación destina este ano a Vilanova de Arousa, ao través do Plan Concellos, un total de 1.303.860,85 euros, un 76,41% máis que en 2017.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.