Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de noviembre de 2018

REFORZADA A SEGURIDADE DOS XULGADOS DE CAMBADOS E VILAGARCÍA CON CÁMARAS E SISTEMAS DE GRAVACIÓN


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, achegouse hoxe ata os xulgados de Cambados e Vilagarcía de Arousa, que a Xunta vén de dotar con novas cámaras e sistemas de gravación para mellorar a súa seguridade.
No caso de Cambados, instaláronse 10 novas cámaras, 2 monitores, 1 gravador, dous discos duros, un Sistema de Alimentación Ininterrompida (SAI) e todo o equipamento necesario para que funcione correctamente. En Vilagarcía de Arousa, tamén se instalaron 10 novas cámaras, 1 monitor, 1 gravador, dous discos duros, un SAI e o resto de recursos necesarios para o funcionamento deste sistema de vixilancia.
Ademais, no edificio do Xulgado 1 de Vilagarcía de Arousa tamén se realizaron recentemente melloras de mantemento para evitar filtracións e para sellar correctamente a ventá, quedando solventado dentro desta actuación un problema puntual que se deu nunha fiestra, na que tiñan accedido formigas.

Mellora da seguridade

A instalación de novos sistemas de vixilancia inscríbese nun Plan de reforzo e mellora da seguridade dos edificios xudiciais de Galicia, e que está agora mesmo na súa primeira fase. Neste período inicial, instalaranse novas cámaras de vixilancia nos edificios das cidades, e naqueles partidos xudiciais que conta cun número maior de órganos xudiciais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.