Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de noviembre de 2018

PREINAUGURACIÓN DO MERCADO DE BOANERGES CUXO RESTAURANTE DIRIXIRÁ O CAMBADÉS YAYO DAPORTA


Santiago de Compostela estrea un novo espazo gastronómico que promete novas experiencias. Trátase do Mercado de Boanerges, situado na rúa Monte do Seixo (zona Restollal), unha instalación de máis de 1.000 metros cadrados e que dispoñerá de 10 postos de alimentación cos mellores produtos e marcas galegas, unha vinoteca con viños da rexión, unha cafetería, unha coctelería e unha ‘ neotaberna de autor’ dirixida polo chef cambadés Yayo Daporta. A preinauguración celebrarase o vindeiro luns 3, aínda que a súa apertura oficial espérase para o 6 de decembro.

Mercado Boanerges é un novo espazo que une nun mesmo edificio os valores gastronómicos máis representativos dunha Galicia diversa. Catorce postos na planta baixa, cada un especializado nun produto: polbo, moluscos, peixe, conservas, algas, embutido, carne, ovos, queixo, pan, xeados, elaboran unha oferta actual e de tempada. Unha zona máis íntima na primeira planta completa a oferta cun restaurante de cociña vangardista e unha coctelería.
Unha plataforma de experiencias e de produtos galegos onde gozar coa comida e a música máis actual, mentres te empapas da historia e a tradición galega. Cruzar a súa porta, será respirar Galicia, de Norte a Sur, de Leste a Oeste. Cada día poderás descubrir, aprender nos seus diferentes talleres, sorprenderche coas súas continuas novidades e admirar a embaixadores da gastronomía e a artesanía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.