O Concello de Cambados volve a organizar unhas Xornadas de Emprendemento co fin de fomentar a creación de emprego no municipio.
A iniciativa terá lugar o vindeiro xoves 8 de novembro de 10 a 13 horas no Auditorio da Xuventude coa presencia de alumnos dos ciclos superiores do IES Asorey, do obradoiro de Emprego EmpregaXove e do Proxecto Emprendemar.
IV XORNADAS DE EMPRENDEMENTO DO CONCELLO DE CAMBADOS que se celebrara o próximo Xoves 8 de novembro en Cambados de acordo co seguinte programa:
10:00h-10:10h- Recepción e entrega do material.
10:10h-10:15h- Benvida e inauguración das xornadas.
10:15h-11:00h- COMO CREAR A TÚA EMPRESA: OPORTUNIDADES E FERRAMENTAS DE APOIO A EMRENDEDORES.
10:15h-10:30h- Programas de apoio á creación de novas empresas
Instituto Galego de Promoción Económica. IGAPE. (Fernando Álvarez, responsable da Oficina de Igape en Pontevedra)
Operador Galego de Telecomunicacións. (Rosa Piñeiro, Comercial mediana empresa de R)
10:30h-10:45h- Mecanismo de financiamento para a túa empresa.
Caixabank. (Francisco de Borja Sabadell, director da oficina CaixaBank en Cambados)
10:45h-11:00h- O asociacionismo como mecanismo para avanzar co teu proxecto.
Zona Centro. (Juan Rey Presidente da Asociación Zona Centro de Cambados)
11:00h-11:15h- Viveiro de Empresas de Cambados. Proxecto Emprendemar.
Departamento Promoción Económica do Concello de Cambados. (Xurxo Charlín, Concelleiro de Economía e Facenda de Cambados e Eva Aragunde, Orientadora Laboral do Concello de Cambados)
11:15h-11:30h- PAUSA CAFÉ
11:30h-12:00h- PROXECCIÓN DOCUMENTAL EMPRENDEDORES.
12:00h-13:00h- MESA REDONDA: coa participación de distintos proxectos de empresa de mozos/as emprendedores/as locais como modelo de éxito empresarial.
Interveñen: Rafael Cuesta (TecnoGalicia), Paula Agra (Pub Enxebre), Xacobe Abal (Fisioterapia Xacobe Abal), Gustavo Rey Abalo (Fonosaurios) e Leticia García (Nordelaina).
13.00h. CLAUSURA


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.