Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de octubre de 2018

A XUNTA E SANIDADE RECÚAN E DECIDEN RETIRAR A PROPOSTA PARA A CREACIÓN DA CATEGORÍA DE PEDIATRA DE ÁREA



O rexeitamento por parte de varios colectivos, concellos e outras administracións  e asociacións pediátricas fan que a Consellería de Sanidade  retire a proposta para a creación da nova categoría de pediatra de área incluida na disposición adicional da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos Orzamentos da Xunta de 2019. 
Sanidade adoptou esta decisión logo da reunión que hoxe mantiveron os representantes do Servizo Galego de Saúde cos profesionais que participan no grupo de traballo de pediatría que se constituíu en 2017 para avaliar a atención pediátrica en Galicia.
O departamento autonómico aposta por seguir avanzando conxuntamente en medidas de consenso para solucionar o déficit de pediatras que afecta ao conxunto dos sistemas de saúde. Neste sentido, continuará contando coas aportacións dos profesionais, co obxectivo de garantir e mellorar a calidade do servizo en tódalas áreas sanitarias
A Consellería de Sanidade manterá abertas tódalas vías de diálogo cos profesionais e as sociedades científicas para adoptar medidas consensuadas dirixidas a solucionar a falta de pediatras. Tanto o Sergas como as sociedades científicas coinciden en que a mellora da calidade asistencial na atención pediátrica é unha prioridade.
Esta medida no mellora a situación en principio para Cambados que seguirá a contar con so dous dos tres pediatras que viñan consultando ata agora.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.