Cambados recibe a concesión dunha subvención ; compromiso de gasto de importe 50.000€ para melloras do Centro de Saude
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega para o concello de Cambados ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018.
A solicitude do concello relativa ao financiamento do investimento “Melloras no Centro de Saude” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan Concellos 2018-2019, e asemade adxuntou a documentación precisa para a válida concesión da subvencion. Unha vez comprobado que o obxecto de investimento adecuábase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8º, da Liña 1-Investimentos a subveción de 50.000€ foi concedida.
O Concello realizará diferentes actuacións no Centro de Saude entre as que cabedestacar a substitución da porta de Urxencias, o cambio de solo en Urxencias , pintar oexterior e interior ou o selado da carpintería exterior.
A alcaldesa, Fatima Abal e o Concelleiro de Servizos Sociais Tino Cordal, botan de menos unha implicación maior da Xunta de Galicia que era quen tiña que realizar estas melloras. Polo cal tivo que axudarse da Deputación de Pontevedra para poder ter unhas instalacións acordes aos veciños e veciñas de Cambados e inda queda moito por facer. Agardan a que a Xunta non faga oídos xordos das peticións do Concello de Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.