Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de septiembre de 2018

AS OBRAS SON NECESARIAS, AS MOLESTIAS NON TANTO



A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de preto de 750.000 euros na execución das obras de reforzo da seguridade nas vías de altas prestación do Salnés. Vázquez Mourelle achegouse hoxe ata Vilanova para comprobar sobre o terreo os últimos remates das actuacións de reforzo da seguridade viaria que se levaron a cabo na estrada VG-4.3, vía de altas prestación que discorre polos concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova, e tamén na VG-4.2, estrada autonómica que comunica a autovía do Salnés en Ribadumia con Cambados.
Segundo indicou a titular de Infraestruturas da Xunta as obras nestas dúas estrada autonómicas, que se executaron ao longo dun total de 13 km, consistiron na renovación do firme nos treitos que se atopaban nun estado máis desgastado e nos que era máis necesaria a súa mellora, co obxectivo de garantir a circulación e a seguridade viaria.
Sinalou que nesta intervención levouse a cabo, tamén, a renovación completa da capa de rodadura en toda a sección, incluíndo carrís e beiravías. E ademais procedeuse á reposición completa da sinalización horizontal en ambos treitos, a mellora da sinalización vertical, así como o balizamento e as defensas.
Subliñou que as obras iniciadas no mes de xuño e que tiñan un prazo de execución de 4 meses, atópanse xa rematadas cumprindo deste xeito co obxectivo de mellorar e é garantir a seguridade viaria e minimizando na súa execución a influencia na circulación do tráfico e afectando no mínimo posible ao mesmo.
Dos inconvintes que padeceron os usuarios non fixo mención. Pudendo retrasar as obras ou adiantalas para non coincidir cos meses fortes do turismo, nin se lembrou.
A desculpa de que era necesario facelas con bo tempo non vale. Pois en días de choiva estiveron traballando nas estradas referidas.
Avanzou que o seu departamento programa tamén que o Salnés se beneficie da estratexia de eliminación dos tramos de concentración de accidentes posto en marcha desde A Xunta, estando previstas actuacións en Sanxenxo, Cambados o Vilanova de Arousa, onde tamén se executará unha nova senda
Explicou que a Consellería de Infraestruturas está a realizar tamén importantes esforzos tamén a través do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 e, máis concretamente, en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con este tipo de obras de conservación extraordinarias.
En definitiva, concluíu, a Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Na imaxe que acompaña o artigo podemos ver como algún político incumpre coa normativa e non leva o chaleco reflectante posto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.