Un dos momentos máis destacados do fin de semana en Cambados foi a proclamación dos viños gañadores da XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño. O Primeiro Premio recaeu en Pazo de Rubianes (da adega homónima), mentres que o segundo foise para La Trucha (de Adega Finca Garabelos) e o terceiro, para Abadía de San Campio (de Adegas Terras Gauda). Nesta trixésima edición participaron un total de 58 marcas que foron analizadas por 21 expertos, pertencentes tanto ao panel interno do Consello Regulador como a un panel externo. “Foi un certame moi rifado, xa que a diferenza entre os premiados foi moi pequena”, destacan desde o CRDO Rías Baixas. En xeral, todos os catadores destacaron a “calidade da añada 2017 e dos viños presentados ao concurso”, segundo impresións recollidas polo Consello Regulador. Na denominada ‘cata prima’ fíxose unha selección dos doce viños finalistas e nela “atopáronse cunha gran calidade, pero tamén unha maior desigualdade”, segundo explicaron os catadores. Pero xa na ‘cata derradeira’ “a elección volveuse máis complicada porque todos os viños posuían unha gran calidade”. Doutra banda, o Túnel do Viño organizado polo Consello Regulador “consolidouse como un referente” dentro da Festa do Albariño. Segundo confirman desde o ente, “foron moitos os amantes do viño que se achegaron” a probar algunhas das máis de 160 marcas de 60 adegas expostas. Respecto diso, a directora de Márketing do CRDO Rías Baixas, Eva Mínguez, explica que “a resposta do público está a ser moi positiva á proposta. O perfil do público asistente engloba a amantes do viño e cada vez é máis profesional”. As opinións dos visitantes tanto ao VIII Túnel do Viño como ás 12 Catas Temáticas propostas “seguen sendo moi positivas, porque o que buscan estes participantes é un espazo de cata máis tranquilo, con variedade de viños. Ademais, valoran moito o feito de poder contar co asesoramento dun catador profesional”, conclúe Mínguez.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2018
PAZO DE RUBIANES PRIMER PREMIO NA FESTA DO ALBARIÑO
Un dos momentos máis destacados do fin de semana en Cambados foi a proclamación dos viños gañadores da XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño. O Primeiro Premio recaeu en Pazo de Rubianes (da adega homónima), mentres que o segundo foise para La Trucha (de Adega Finca Garabelos) e o terceiro, para Abadía de San Campio (de Adegas Terras Gauda). Nesta trixésima edición participaron un total de 58 marcas que foron analizadas por 21 expertos, pertencentes tanto ao panel interno do Consello Regulador como a un panel externo. “Foi un certame moi rifado, xa que a diferenza entre os premiados foi moi pequena”, destacan desde o CRDO Rías Baixas. En xeral, todos os catadores destacaron a “calidade da añada 2017 e dos viños presentados ao concurso”, segundo impresións recollidas polo Consello Regulador. Na denominada ‘cata prima’ fíxose unha selección dos doce viños finalistas e nela “atopáronse cunha gran calidade, pero tamén unha maior desigualdade”, segundo explicaron os catadores. Pero xa na ‘cata derradeira’ “a elección volveuse máis complicada porque todos os viños posuían unha gran calidade”. Doutra banda, o Túnel do Viño organizado polo Consello Regulador “consolidouse como un referente” dentro da Festa do Albariño. Segundo confirman desde o ente, “foron moitos os amantes do viño que se achegaron” a probar algunhas das máis de 160 marcas de 60 adegas expostas. Respecto diso, a directora de Márketing do CRDO Rías Baixas, Eva Mínguez, explica que “a resposta do público está a ser moi positiva á proposta. O perfil do público asistente engloba a amantes do viño e cada vez é máis profesional”. As opinións dos visitantes tanto ao VIII Túnel do Viño como ás 12 Catas Temáticas propostas “seguen sendo moi positivas, porque o que buscan estes participantes é un espazo de cata máis tranquilo, con variedade de viños. Ademais, valoran moito o feito de poder contar co asesoramento dun catador profesional”, conclúe Mínguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.