Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de agosto de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS PÚBLICA AS BASES PARA A CONTRATACIÓN DO PERSOAL E DOS ALUMNOS/AS DO OBRADOIRO “CAMBADOS EMPRENDE XOVEN”



O Portal de Transparencia de Cambados ven de publicar no Taboleiro de Anuncios Virtual do Concello de Cambados as bases para a contratación de alumnos/as e persoal do Obradoiro de Emprego “Cambados Emprende Xoven". 

Estas Bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 2° e 10º da orde do 4 de maio de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG 23-05-2018), a determinación do sistema, procedemento, requisitos e baremos das probas que se aplicarán no proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes e persoal no citado proxecto, promovido polo concello de CAMBADOS e subvencionado pola antedita consellería.
As prazas de alumnos-traballadores que se convocan son:
8-prazas para a especialidades de OPERACIÓN AUX. DE MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS MICRO INFORMÁTICOS (Nivel 1)
8-prazas para a especialidades de DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL. (Nivel 2)
As prazas de persoal que se convocan son:
  • Experto/a docente en OPERACIÓN AUX. DE MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS MICRO INFORMÁTICOS (Xornada: completa).
  • Experto/a docente en DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL  (Xornada: completa).
  • DIRECCIÓN (Xornada: completa).
  • PERSOAL ADMINISTRATIVO (Xornada: completa).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.