Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de agosto de 2018

A DEPUTACIÓN APROBA UN NOVO INVESTIMENTO DE 455.000€ PARA OS VESTIARIOS DA PISCINA MUNICIPAL




Luz verde do goberno de Carmela Silva ao proxecto dos novos vestiarios e anexos da piscina de Cambados comprometido pola Deputación hai solo un mes

O proxecto, que conta cun orzamento de 455.000 €, tramitarase de xeito urxente á vista dos informes técnicos que o recomendaron tras as serias deficiencias detectadas.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto para a execución da obra de demolición e reconstrución do bloque de vestiarios e instalacións anexo ás obras de actualización da piscina climatizada no Complexo Polideportivo O Pombal de Cambados, así como a declaración de urxencia na tramitación do seu expediente de contratación. Apróbase ademais o orzamento base de licitación que vai ser de 455.000 euros.
Estas novas actuacións vanse realizar para paliar as graves deficiencias atopadas na zona dos vestiarios e buscan dotar así a Cambados dunha piscina e duns vestiarios de primeira categoría e do século XXI e non facer parches sobre obras que foron mal plantexadas polo goberno anterior. Procédese ademais á tramitación urxente deste expediente baseándose nos informes técnicos que o recomendan e co fin de previr ou evitar danos ás persoas usuarias e aos bens. Esta iniciativa apróbase pouco máis dun mes despois do anuncio nunha visita a Cambados do deputado de Cooperación, David Regades, xunto á alcaldesa Fátima Abal, a finais de xuño.
O novo investimento súmase ao convenio xa vixente entre Deputación e concello de Cambados, por valor de 902.000 euros, para a renovación das instalacións da piscina do Pombal, da súa climatización e da súa cuberta. Con esta nova partida, o investimento global para a renovación de todas as infraestruturas das instalacións do Pombal vai ser de case millón e medio de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.