Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2018

A DEPUTACIÓN, A ADEGA "PACO&LOLA" E AS NOVEDADES FARÁN DO FESTIVAL XIRONSA UN GRAN EVENTO



Heredeiros da Crus encabeza o cartaz da XVIII edición do Festival Xironsa que terá lugar en Cambados os días 24 e 25 de agosto. Trátase dun concerto financiado a través do Musigal, o programa que o departamento provincial de Cultura e Lingua puxo a disposición dos concellos da provincia para promover a música profesional galega e en galego. Así o fixeron público onte a Asociación organizadora do festival, representada por José Luis González, o concelleiro de Cultura da localidade, Víctor Caamaño, o presidente da cooperativa vitivinícola Paco&Lola -e patrocinadora do evento-, Carlos Carrión, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

Ademais do concerto do Musigal, Xosé Leal lembrou que o Festival Xironsa é unha das propostas financiadas ao abeiro da liña de axudas a festivais de música e de artes escénicas que o seu departamento convocou por segunda vez neste exercicio e que foron resoltas fai apenas unha semana. A este respecto, o deputado nacionalista lembrou que "este festival cumpre con creces todos os requisitos esixidos, nomeadamente a aposta pola transversalidade, tendo en conta a mocidade, a igualdade de xénero, e é interxeneracional, e trae a músicos galegos que fan música en galego e que son do mellor do país". Xosé Leal tamén felicitou á organización por conseguir que o festival manteña o seu espírito ao mesmo tempo que segue medrando edición tras edición.


Sobre o crecemento "sobre todo en calidade e en capacidade de organización" tamén se manifestou o concelleiro de Cultura. Víctor Caamaño asegurou que "nos últimos tres anos, desde que formamos parte deste goberno municipal, sempre tivemos claro e apostamos polo compromiso do Festival Xironsa coa lingua, coa cultura e coa tradición galegas". Caamañao indicou que "como concelleiro nacionalista entendo que este é o camiño que hai que seguir, porque estamos ante unha Asociación que nos está agasallando co mellor da tradición galega e que traballa para crear eventos culturais en Cambados durante todo o ano".


Entre as principais novidades para esta XVIII edición, destaca que este ano o festival, en cumprimento da normativa sobre espectáculos, será aforado. Para isto, cortarase o tráfico na zona de celebración do Festival e habilitaranse dúas entradas. Desde a organización indican, ademais, que se disporá de zonas de aparcadoiro de balde e debidamente sinalizadas. A segunda das novidades será que se estreará moeda propia, denominada ‘queiman' como o símbolo do festival.

Sobre a estrutura, mantense a mesma de anteriores edicións, cun programa deseñado para dar cabida principalmente ao público familiar. O venres 24 terá lugar o IV Serán Xironsa coa actuación da Parada dos Mecos de O Grove, formación que tamén participará no pasarrúas da tarde conxuntamente con Xironsa. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Os D'Abaixo e Davide Salvado. Pola noite, o cartel está composto por Heredeiros da Crus, Noite Fechada, Susana Seivane e Xironsa.  Na zona familiar, haberá xogos tradicionais e as actuacións de Peter Punk Pallaso, Kanbahiota e Mundo Mandarina.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.