Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2018

SEIS CLUBES CAMBADESES RECIBEN SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN


O Goberno de Carmela Silva aprobou o luns pasado na Xunta de Goberno a concesión de subvencións, por un importe total de 600.000 euros, a 557 clubs deportivos, que participan en competicións federadas de ámbito inferior ao nacional no ano 2018. Estas axudas, que oscilan entre os 400 e os 5.000 euros, estarán repartidas por 56 concellos da provincia de Pontevedra.
Entre eses 557 clubes hai 6 da nosa vila, CASTRELO C. F. VETERANOS, CLUB DE PESCA AS JORITAS, CLUB DE TENIS CAMBADOS, CLUB JUVENTUD CAMBADOS, CLUBE NATACIÓN SALNÉS e GAÉLICO CAMBADOS que percibiran entre todos preto dos 5.500 euros.

O obxectivo destas subvencións é apoiar aos clubs deportivos federados e rexionais preferentes pola súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico, ben sexan convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.