Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2018

OS CONCERTOS DO ALBARIÑO TERÁN CONTROL DE ACCESO E NON SE PERMITIRÁN OS ENVASES DE VIDRO




O Concello de Cambados ten preparado xa o dispositivo de seguridade para a Festa do Albariño deste ano, que quedou consensuado na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá coa presencia da subdelegada do goberno, Maica Larriba.
Nesta edición, o Concello establecerá un control de aforo para os concertos de venres e sábado da Praza de Fefiñáns cun máximo 5.000 persoas que, ademáis, non poderán entrar con envases de vidro.
Asimesmo, somente haberá un acceso de entrada, pola Rúa Real, e outro de saída, pola Rúa Novidades. O resto permacerán pechados.
Así o explicaban esta mañá a alcaldesa Fátima Abal, o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, trala Xunta Local de Seguridade, na que tamén estivo o Concelleiro de Enoturismo e Obras e Servizos , José Ramón Abal.

Esta medida é a novidade máis chamativa que inclúe o dispositivo de seguridade que está a ultimar o goberno local para a festa. Para poder realizar este control, só se deixarán abertos un acceso á praza e unha vía de saída.
Na reunión da xunta de seguridade da Festa do Albariño sentaron á mesa representantes dos diferentes corpos de emerxencias que estarán implicados na organización para garantir que todo transcorra sen sorpresas. Respecto de anos anteriores, incluiranse outras novidades, ademais do xa anunciado punto morado contra as agresións sexuais.
O concello volverá solicitar a colaboración doutros municipios. De feito, agardan poder reforzar a Policía Local con efectivos chegados de Vigo, como en anos anteriores. Tamén terán todo o respaldo da Subdelegación do Goberno.
Fonte: ArousaSíRadio

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.