Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de agosto de 2018

ELECIÓNS NAS CONFRARÍAS GALEGAS EN SETEMBRO


Un total de 8.378 traballadores e de 3.951 empresarios do sector do mar teñen dereito a votar nas eleccións para a renovación dos órganos reitores das 63 confrarías de pescadores de Galicia, que se celebrarán o 29 de setembro.
Os comicios desenvolveranse en tres partes, tal e como establece a normativa de convocatoria de eleccións que regula todo este proceso electoral e detalla todos os pasos a seguir en cada momento para elixir o patrón maior e os membros do cabido. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

Desenvolvemento do proceso

O primeiro paso para a celebración dos comicios, tal e como establece a norma, foi a composición da Xunta electoral -formada por membros da Consellería do Mar- e das Comisións electorais –unha comisión no seo de cada confraría-.
Posteriormente as comisións electorais aprobaron o plan electoral e remitírono á Consellería do Mar para a súa ratificación. Este Plan electoral inclúe o número de membros que se deben elixir na xunta electoral, no cabido, na xunta directiva de cada agrupación e tamén a repartición dos vogais para cada sector de produción.
O 1 de outubro, as comisións electorais proclamarán provisionalmente as persoas que formarán parte da xunta xeral. Os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais serán proclamados provisionalmente o 5 de outubro. Estas listas provisorias elevaranse a definitivas unha vez rematados os prazos de presentación de recursos.No primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, iniciarase o procedemento para elixir o patrón/a maior, vicepatróns/as maiores e vogais do cabildo.

Federacións provinciais e Federación Galega

Polo que respecta ás federacións provinciais de confrarías, no primeiro pleno da xunta xeral das confrarías de pescadores –constituída polos patróns maiores e vicepatróns- elixirase ao presidente/a, vicepresidente/a e compoñentes do comité executivo de cada federación provincial. Os candidatos presentarán, no mesmo acto, as súas candidaturas ao pleno da xunta xeral, realizando a votación nese mesmo día.
No primeiro pleno que realicen as federacións provinciais de confrarías elixiranse os tres vogais que as representarán no comité executivo da Federación Galega de Confrarías, respectando a paridade entre traballadores e empresarios.
No caso da Federación Galega de Confrarías, o presidente/a de cada colectivo provincial será membro do comité executivo da Federación Galega e elixirá ao presidente/a deste órgano na mesma xornada. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.