Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2018

PRESENTACIÓN DO PUNTO MORADO DE CAMBADOS PARA A FESTA DO ALBARIÑO 2018



A igualdade e a loita contra as violencias machistas segue a ser unha das prioridades deste Concello, polo que este ano a Festa do Albariño contará por primeira vez cun punto de atención ao que poderán acudir as mulleres que se sintan nunha situación de acoso.
Este punto estará situado nunha carpa na entrada do paseo da calzada. Ademáis, tamén haberá unha serie de voluntarias identificadas cun brazalete morado que percorrerán distintos puntos da festa. Todas aquelas mulleres que queiran colaborar como voluntarias só terán que inscribirse, facer un curso de formación gratuíto e portar durante o Albariño un brazalete morado para acompañar a víctimas de agresións verbais ou físicas, ata o Punto Morado, no que serán atendidas por profesionais que as acompañarán ata o lugar que corresponde. Calquera pode ser voluntaria, só é necesario poñerse en contacto con nós no correo puntomoradocambados@gmail.com, teléfono 682660580 ou no Twitter, Facebook ou Instagram @pmoradocambados ou na propia alcaldía.
Se tocan a unha, tocan a todas. Todas xuntas, somos máis fortes!!! NON é NON


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.