Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2018

CAMBADOS CONTRATARÁ A 5 PERSOAS PERCEPTORAS DA RISGA

O Concello de Cambados procederá nos próximos días á contratación de cinco veciños perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) para realizar traballos de conservación e mantemento do conxunto histórico-artístico e os principais parques de Cambados, entre outros cometidos. O programa de contratación temporal de persoas en risco de exclusión social ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral dos veciños con menos recursos.
 Estas contratacións considéranse necesarias para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia desta entidade local, como é o caso de mantemento do medio ambiente e limpeza do Conxunto Histórico de Cambados, mellorando deste xeito o aspecto desta importante zona crave para o desenvolvemento turístico de Cambados.
 As persoas contratadas traballarán desde o vindeiro 10 de xullo e terán un contrato de sete meses, cunha dedicación do 75 % da xornada ordinaria. A Consellería de Economía aporta ao Concello unha partida de máis de cincuenta mil euros para este programa de inserción laboral, no que teñen preferencia os maiores de 45 anos, persoas con cargas familiares e demandantes que teñan asignado un proxecto de inserción laboral.
 Realizada a selección de persoal
O concello de Cambados realizou no día de onte a selección de persoal para estes 5 postos de traballo, que foi realizada por un grupo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do Concello de Cambados e dos equipos de inclusión sociolaboral dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, actuando de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
O edil de Servicios Sociais, Tino Cordal, destacou o “esforzo do goberno local para favorecer o traballo a través de iniciativas que fomentan o emprego e serven para traballar en favor da inclusión social”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.