Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2018

A PESAR DOS RUMORES VÍCTOR CAAMAÑO ENCABEZARÁ A LISTA DO BNG


A Asemblea Local do BNG elexiu o pasado xoves por unanimidade a Víctor Caamaño como cabeza de lista e candidato á alcaldía de Cambados nas eleccións do 2019. O BNG, que foi a partícipe para que a dereita deixara de gobernar o noso concello, preséntase diante de veciños e veciñas cun traballo realizado polo grupo municipal nacionalista que está demostrando capacidade de xestión e firmeza para construir un Cambados de todos e de todas. Animamos a quen queiran comprometerse neste proxecto a que se unan a nós pois hai traballo dabondo e todas as mans son necesarias para en 2019 contarmos de novo cun alcalde nacionalista no noso concello.

A pesares dos rumores que circulaban por Cambados no sentido dun troco no cabeza de lista da formación nacionalista esta elección desbota a posibilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.