Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de julio de 2018

A DEPUTACIÓN ABRE UN SERVIZO DE ATENCIÓN EN CAMBADOS PARA AS CONSULTAS SOBRE REGULARIZACION CATASTRAL



A Deputación abre este martes un servizo de atención en Cambados para atender as consultas sobre o proceso de regularizacion catastral

As veciñas e veciños serán atendidos no Centro Cultural de A Merced en horario de 9:30 a 14:30 h. e de 16:00 a 19:00 h.
A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Cambados, vai habilitar, a partir de mañán martes, un servizo provisional de atención ao público para que veciños e veciñas do municipio poidan tramitar máis facilmente as súas consultas sobre o procedemento de regularización catastral que se está realizando na actualidade.
Dende este martes, 17 de xullo, e previsiblemente durante dúas ou tres semanas, haberá no Centro Cultural A Merced persoal disposto polo Goberno provincial para atender todas as demandas da veciñanza sobre este proceso. O horario de atención ao público será, polas mañás, de 9:30 a 14:30 h., e polas tardes, de 16:00 a 19:00 h.
A Deputación de Pontevedra habilita este servizo despois de que o concello de Cambados lle solicitase colaboración para atender á cidadanía afectada polo procedemento de regularización catastral. Estímase que por este proceso en Cambados están afectadas unhas 1.200 persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.