Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de julio de 2018

4 CENTROS EDUCATIVOS DO SALNÉS INCORPORARÁN O LIBRO DIXITAL NO VINDEIRO CURSO




O CEIP San Tomé, de Cambados incorporará o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, dentro do proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 264 centros beneficiados e chegará a 18.000 alumnos (40% máis que o pasado curso). 


Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución, aínda provisional, (que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25543 ) na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso.
Do total dos 264 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (37 novos para o vindeiro curso), 47 de Lugo (22 novos), 19 de Ourense (11 novos) e 107 de Pontevedra (40 novos). Por ensinanzas, 162 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 73 en Secundaria e outros 29 fano en Primaria e Secundaria.
 Estes son os centros do Salnés que se incorporan ao libro dixital no novo curso:


  • CEIP P. A Florida, Sanxenxo 
  • CEIP Arealonga, Vilagarcía de Arousa 
  • CEIP San Tomé, Cambados  
  • CEIP A Escardia, Vilagarcía de Arousa



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.