Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de junio de 2018

PROXECCIÓN DO FILME “9 DE NOVEMBRO”, QUE PROTAGONIZA O CAMBADÉS ADEMAR SILVOSO




A concellaría de Igualdade do Concello de Cambados, que xestiona a alcaldesa Fátima Abal, convida a tódolos veciños e veciñas a asistir o sábado 7 de xullo, ás 20:30 no auditorio da Xuventude, á proxección do filme “9 de novembro”, a primeira película de temática LGTBI rodada en Galicia e que conta coa participación do actor cambadés Ademar Silvoso.
A entrada será de balde, con reserva no teléfono 986520902 ou no correo alcaldia@cambados.es.
O amor, que ten vistas ao barrio das Flores, ao polígono de Elviña e A Zapateira, segue os parámetros de todas a historia con azucre: “É universal” e dispútase entre dous mozos aos que os 90 pilloulles con trinta e pico anos e apurando as últimas pingas diso que tingue todo de vermello. Miguel e Roberto, ou o que é o mesmo, Ademar Silvoso e Brais Yanek, protagonizan o primeiro filme de temática Lgtbi en galego. As súas escenas respirarán da zona máis industrial da cidade da Coruña, que se fixeron grandes naquela época e evolucionaron como as emocións dos personaxes. “9 de novembro” rodouse entre A Coruña e o concello de Xove, en Lugo, que tamén participa economicamente no proxecto.
Para o seu director, Lázaro Louzao, este é o seu primeiro longo, que ía para curto. Con todo, a historia pediu máis e o novel deullo. Situou á parella no chasis, “son o seu últimos catro días xuntos despois de once anos de relación” e aliou a súa decadencia coa dun sistema, que tamén se cambalea: “Facemos un paralelismo co muro de Berlín e símbolos que evidencian a caída”. Ademais do capitalismo, na cinta falarase da transición española, da chegada da sida ou da lei de vagos e maleantes, “que seguiu en vigor bastantes anos despois de que morrese Franco”. Na repartición cóase Sabela Arán como a persoa que os presenta en 1978. E é que o guión dá saltos cara atrás e segue o proceso de ruptura. Avanza e conta de paso as dificultades que o colectivo Lgtbi tivo que pasar e pasa. Para tratar do amor, “e de sentimentos e de que todos amamos igual”. O equipo de Costura Films non recibeu máis axudas que a dos voluntarios, que participaron no crowdfunding e a colaboración dos Concellos de Coruña e Xove. Lázaro conta que o mundo das subvencións “vai aparte. Son inaccesibles para traballos deste calibre cando tería que ser ao contrario e darllas aos máis pequenos”. O coruñés envolverá ao amor de crítica social para distribuír o resultado por festivais de temática xeneralista e específica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.