Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de junio de 2018

5 PERCEPTORES DA RISGA COMEZARÁN A TRABALLAR PARA O CONCELLO DE CAMBADOS



O Goberno galego apoiará en 5 concellos da comarca do Salnés a contratación de 34 perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Para iso, investirá ao redor de 268.400 euros.
Estas axudas están dirixidas a concellos ou agrupacións de concellos coas que, ademais de promover a contratación na Administración local, búscase incrementar as oportunidades laborais das persoas en risco de exclusión social.
O importe medio da axuda concedida por traballador é de 8747 euros, case un 4% máis que o ano pasado. Na contratación terán preferencia, ao igual que nas últimas dúas edicións deste programa, aquelas persoas que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, os maiores de 45 anos e as que teñan cargas familiares.
Na comarca do Salnés, beneficiaranse 20 desempregados de Vilagarcía de Arousa, que contará cunha subvención de 125.702 euros; 5 do Grove e 5 de Cambados, cada un destes concellos con 52.095 euros; e 2 de Meis e 2 de Meaño, con 17.661 e 20.838 euros, respectivamente.
A nivel provincial, a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá, a través destas axudas, un total de 2,1 millóns de euros para a contratación de 226 desempregados.
José Manuel Cores Tourís engadiu que "a Xunta ampliará nas próximas semanas o crédito para esta convocatoria de axudas co obxectivo de poder atender todas as solicitudes que cumpran cos requisitos”. Segundo os baremos que se marcan na orde, cada concello pode solicitar un mínimo de 2 traballadores e un máximo de 40.
Con independencia da duración do contrato, o período que financiará a Xunta con estes apoios será de sete meses. A contía que se conceda será a equivalente ao necesario para sufragar os custes salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo o convenio colectivo vixente. Para a resolución das axudas tívose en conta o número de desempregados, a evolución do paro entre 2013 e 2017 de cada localidade e da poboación neste período e o número de perceptores da Risga a peche do ano pasado.
A iniciativa enmárcase na aposta da Xunta polo emprego inclusivo, un eido que está impulsando a través de diversos programas. A Administración autonómica, ademais de mellorar a empregabilidade e inserción laboral dos galegos e galegas que máis o precisan, fomenta a contratación nos concellos galegos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria está a investir este ano preto de 60 millóns de euros para impulsar o emprego na Administración local a través de programas como o Aprol Rural, os apoios para a contratación de socorristas, os obradoiros duais e os específicos para a mocidade e os programas integrados de emprego.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.