Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de mayo de 2018

PIRAGUISMO CAMBADOS ACADA A 2ª PLAZA NA REGATA DE KAYAK DE MAR DE VILAGARCÍA



O peirao de pasaxeiros de Vilagarcía acolleu na mañá de onte a 3º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. O evento organizado polo Club Depornautic Arousa contaba coa participación de 20 equipos e máis de 150 deportistas. Ás 10:30 da mañá daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club de Mar Ría de Aldán (1811 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Cambados (1701 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Piragüismo Olívico (1127 puntos) O equipo de aldán repetiría triunfo na xeral masculina con 1230 puntos, seguidos polo Piragüismo Cambados que sumou 1053 puntos, terceiro con 742 puntos foi o Club Piragüismo Olívico. Os tres conxuntos repetiron posicións na xeral feminina. A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Carlos Pérez “ Perucho” (Ría de Aldán) o segundo en entrar en meta foi Breogán Monteagudo (Naval de Pontevedra) e a terceira praza obtívoa José Antonio Girón (Fluvial O Barco). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron María do Palacio (Piragüismo Olívico), Bruna Nickelle (Piragüismo Cambados) e Marta Hermida (Ría de Aldán). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Club Naval de Pontevedra Ion Carballo e Manuel Becerra, segundos chegaron Francisco Vázquez xunto a Carlos Álvarez (Fluvial de Lugo) e terceiros chegaron os irmáns Borja e Aitor López (Piragüismo Olívico).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.