Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
10 de mayo de 2018
ESTE DOMINGO TEATRO NA XUVENTUDE. HOMENAXE A Mª VICTORIA MORENO
A compañía de tratro galega Matrioshka representará o domingo 13 no Auditorio Municipal Cambados a obra "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" desde as 19 horas. A obra está patrocinada pola Deputación de Pontevedra. Entrada gratuíta. A obra é un espectáculo teatral contemporáneo creado en homenaxe ás mestras da vida como María Vitoria Moreno Vázquez, escritora galega de literatura infantil e xuvenil á que se dedica o Día das Letras Galegas 2018. "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" é, por tanto, un percorrido pola vida desta escritora, unha muller que sementou futuro indo sempre ao contraxeito.
A Deputación de Pontevedra levará por todos os concellos da provincia, desde o 4 de maio ata o 3 de decembro de 2018, sesenta representacións dentro da programación teatral Ano da Lingua, dedicada a María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos (Matrioshka Teatro), Romance de cans (Viravolta Títeres-Seisdedos) e Mar Adiante (Odaiko) son tres das obras deste ciclo titulado María Victoria Moreno a escena! A elas súmanse Anagnórise (Limiar Teatro), Unha historia de amor. Homenaxe a María Victoria Moreno (un contacontos para o público ilustrado por Polo Correo do Vento) e Leonardo e os fontaneiros (Ubú Teatro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.