Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2018

CAMBADOS TENIS DE MESA ASCENDE Á MÁXIMA CATEGORÍA NACIONAL




Tralos partidos de onte o Cambados Tenis de Mesa tiña hoxe a oportunidade histórica de lograr o ascenso a Superdivisión.

O primeiro rival foi o Alacante, ao que superaron por un xusto 4-3 final grazas ao punto obtido no dobres de desempate pola parella Ruiz-Taboada.
Encontro moi duro, de catro horas e media de duración o enfrentamento, todos as partidas moi igualadas.



Pola tarde enfrontaronse ao Leganés. Os cambadeses acadaran dúas vitorias sobre os madrileños na liga regular, pero este encontro non ía ser igual.
Os de Cambados gañaron por 4-2, victoria cimentada nos enfrontamentos contra os xogadores nacionais, José Manuel Alcántara e Emilio García Romeu, do equipo madrileño.



Visit Pontevedra e Establecementos Otero Cambados, son os dous novos equipos de Superdivisión Masculina para a próxima tempada, despois da disputa da Fase de Ascenso á máxima categoría nacional que se celebrou en Pontevedra. O Visit Pontevedra logrou onte una das dúas prazas en xogo, ao vencer por 4-1 ao Quadis Centre Natació Mataró. Ambos os equipos gozaron desta primeira oportunidade, ao acabar como primeiros dos seus respectivos grupos na fase regular de División de Honra. Mentres na outra eliminatoria pola segunda praza en xogo, enfrontáronse Quadis Centre Natació Mataró, que na súa condición de primeiro de grupo gozaba doutra oportunidade, e Establecementos Otero Cambados, que tivo que salvar dúas eliminatorias para poder optar á praza en Superdivisión, eliminado na xornada matinal de onte ao ASSSA Alacante TM por 4-3 e pola tarde ao ADTM Leganés por 4-2. Finalmente foron os galegos do Cambados os que levaron a eliminatoria por un axustado 4-3, que lles clasifica para xogar a próxima tempada en Superdivisión.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.