Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
4 de abril de 2018
O CAMBADOS GAÉLICO APADRIÑA A SOCIO, UN CAN DO REFUXIO
O Cambados Gaélico apadriña a Socio, un can do refuxio.
Este, un doberman de 10 meses, tivo que ser operado de urxencia polos veterinarios do refuxio de Cambados por ter un corpo estraño no estómago.
Para axudar a atoparlle unha familia e que se recupere, os xogadores do equipo cambadés decidiron apadriñalo e realizar unha recolleita de alimentos e xoguetes para os cans da protectora.
A recolleita terá lugar este sábado no último partido de Liga no que o Cambados Gaélico se enfrentará ao Dorna.
A cita será ás 18:30 no campo de fútbol de O Pombal.
Non faltedes, os peludos agradecerán a vosa axuda e o Cambados Gaélico os vosos animos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.