Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de abril de 2018

CAMBADOS ABRAZOU A NAICIÑA E VISTEUNA DE VIOLETA



O colectivo A Naiciña de Cambados organizou para este domingo 29 de abril unha concentración na praza de Asorey fronte á escultura da Naiciña, emblema cambadés da muller galega, para manifestar a súa oposición á sentenza do tribunal da Audiencia de Navarra no caso da Manada. Este colectivo de mulleres considera o fallo inxusto e cualifica á xustiza española como "patriarcal". 
Por este motivo, o colectivo decidiu concentrarse ao entender que o medo non pode someter ás mulleres e provocar que se cuestionen a súa liberdade.
Durante este acto douse lectura a un manifesto e visteuse á imaxe da Naiciña co lazo violeta, símbolo da loita das mulleres, demais de dar unha aperta colectiva á figura.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.