Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2018

A OMIX DE CAMBADOS OFRECE INFORMACIÓN SOBRE EMPRENDEMENTO PARA XÓVENES



O depoEMPRENDE II é un proxecto para menores de 30 anos da provincia de Pontevedra interesadas en formarse en temas relacionados co autoemprego e a creación de empresas. Durante o desenvolvemento do proxecto as persoas participantes terán a oportunidade de recibir información baseada no seguinte itinerario:


  1. Obter formación en:
  • Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas. (120 h presenciais).
  • Formación transversal: igualdade, desenvolvemento sostible, non discriminación e ferramentas para o emprendemento (8 h presenciais e 12 h online).
  • Titorías individuais: destinadas a crear una marca persoal para a inserción por conta allea ou un plan de empresa para aquelas persoas que teñan a idea de emprender. (2 h presenciais e 2h online).

  1. Mentoring individualizado:
Las persoas que teñan una idea de negocio e queiran poñela en práctica, poderán recibir asesoramento e acompañamento individualizado en todo os trámites de posta en marcha do negocio e durante os primeiros pasos do mesmo.

A cada un dos participantes que finalicen a fase de formación e mentoring, se lles entregará una tablet que lles permita impulsar o lanzamento dixital dos seus negocios, así como a súa xestión en calquera  momento e lugar.

Lugares de realización da formación: Ponteareas, Porriño, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Data de inicio: primeira quincena de maio.


Para máis información consultar a páxina do proxecto https://www.depo.gal/depoemprende-ii ou ben a través do mail depoemprendeii@depo.es ou no teléfono 986804100 extensións 50854 / 40853 / 40849.


Cristina Sánchez
OMIX – Centro A Mercé
Concello de Cambados
Tel 986542663 / 973533331


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.