Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2018

CONTINÚA A INVESTIGACIÓN PARA ATOPAR AO AUTOR DAS PICADAS NAS RODAS DE COCHES EN CAMBADOS




A Policía Local e a Garda Civil de Cambados abriron unha investigación conxunta para dar co causante destes feitos. Noutra ocasión, en que houbo rotura de espellos retrovisores, resultou que o autor tiña as facultades mentais perturbadas.

 Esta fin de semana apareceron 24 coches coas rodas picadas, todos aparcados en varias rúas da zona histórica. A Policía Local e a Garda Civil andan a ver se dan con quen o fixo.

Ata 24 coches finalmente, apareceron na mañán de onte coas rodas picadas contou a patrulla da Policía Local de Cambados que estaba de garda o domingo de madrugada. 

A maioría dos coches afectados tiña picadas non unha senón as dúas rodas do mesmo lado. Estaban aparcados en sitios tan céntricos como a praza de Fefiñáns e noutras rúas próximas como  Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, o paseo da Calzada, a rúa Sevilla, San Gregorio, O Pombal, Ribeira de Fefiñáns e a rúa Carballeira,. É un acto vandálico ao que a Policía non lle atopa explicación.


Diferentes rúas, sin unha causalidade concreta. Son oito rúas diferentes do centro onde non hai conflito. A Policía Local sospeita que puido ser obra dalgún perturbado ou que estivese baixo os efectos do alcol ou das drogas. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.