Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de marzo de 2018

VOLVE SAÍR CON RETRASO A LICITACIÓN DO CENTRO DE DÍA DE CAMBADOS











O DOG ven de publicar hoxe a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día de Cuntis, Redondela e Cambados e no fogar residencial de Redondela.

Con máis dunha semana de retraso sobre o tempo prometido polo  xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, na reunión na sede do ente, en Santiago, co concelleiro de Servizos Sociais de Cambados, Tino Cordal o pasado 19 de febreiro.

Lembremos que o pasado 12 do anterior mes o DOG publicara a declaración de deserto do concurso público para a contratación consistente na concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial dos  tres centros de día e no fogar residencial de Redondela. Contrato reservado a centros especiais de emprego segundo o disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público. A primeira licitación estaba redervada a centros especiais de emprego –aqueles que teñen a lo menos un 70% de discapacitados no seu persoal-, e ao que non se presentaran ofertas.

Como vedes un novo retraso e coma sempre non achacable ao goberno local.



Artigos relacionados:

A XUNTA LICITARÁ NOVAMENTE ESTA SEMANA A XESTIÓN DOS CENTROS DE MAIORES DE CAMBADOS, REDONDELA E CUNTIS.









1 comentario:

Unknown dijo...

Centro de día creo baise a chamar centro de noite non abre nin de día non de noite

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.