Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2018

MARÍA COSTA OUTRA CAMBADESA QUE LOITA CONTRA UNHA ENFERMIDADE RARA; A SQM












Si todos en Cambados coñecemos a enfermidade do AME pola loita que Merchi Álvarez fai conta ela agora toca coñecer a  SQM (sensibilidade química múltiple), grazas a María Costa. María Costa é unha cambadesa que padece esta enfermidade.

Que é a SQM: A Sensibilidade Química Múltiple ( SQM) é unha enfermidade adquirida, crónica e non psicolóxica, que manifesta síntomas en múltiples sistemas orgánicos como resposta a unha mínima exposición a múltiples compostos químicamente non relacionados, tan habituais e innecesarios como os perfumes, os ambientadores ou o suavizante para a roupa. Os síntomas, que son crónicos e agudízanse ante unha crise, inclúen fatiga e trastornos respiratorios, dixestivos, cardiovasculares, dermatolóxicos e neuropsicolóxicos, entre outros.
A SQM é unha síndrome (ao igual que a AME) con 4 graos de severidade, que marcan diferentes niveis de incapacitación e illamento. É importante remarcar que a SQM non é unha alerxia. É unha enfermidade que se coñece desde os anos 50, pero que a día de hoxe aínda non foi recoñecida como tal pola Organización Mundial da Saúde (OMS) É unha enfermidade que a María está a matala lentamente día a día, a súa familia, ve como se apaga a diario, ve como non poden facer moito para axudala, (salvo non expoñela a axentes químicos que nos rodean a diario).
O que lle parece a súa familia moi moi triste que non teña unha Sanidade Pública que apoie a estas persoas, parece moi moi forte que nos Centros de Saúde e Hospitais non teñan protocolos para atender a estes enfermos sen expoñelos a máis axentes químicos, parécelles moi forte que ALGÚNS DIRIXENTES POLÍTICOS que tanto presumen de temos unha sanidade pública e todo sexa mentira, porque as persoas enfermas de SQM teñen que trasladarse a hospitais privados de Madrid ou Barcelona para poder ser tratadas porque a SANIDADE GALEGA EXCLÚEAS E NON CONSIDERA GRAVE A ENFERMIDADE, CANDO ESTÁ RECOÑECIDO COMO UNHA ENFERMIDADE EMERXENTE ONDE EN ESPAÑA NON EXISTEN ESTUDOS PERO ONDE SE ESTIMA QUE EL GRADO DE AFECTACIÓN É DE 0,5% A 12% DA POBOACIÓN ESPAÑOLA,
Desde o punto de vista da familia, concretamente de Olga Costa, a súa irmá, queren facelos desaparecer, que morran e así un cargo menos para o sistema, algo que neste século XXl sería impensable de que sucedese, que "teñamos que ter contratada unha SANIDADE PRIVADA para poder ser atendidos. Como familiar dunha persoa con SQM só dicir o duro que é loitar contra algo que non ves, que che rodea a diario".
Conta Olga Costa...."a miña irmá María non pode dar bicos, nin abrazos, o deterxente da lavadora, o suavizante, a colonia, o desodorizante, a pasta de dentes…, a mata aos poucos. Todo o que nos rodea na hixiene diaria prodúcelle unha dor tan forte que se dobra e non pode paralo, non hai medicina que pare ese sufrimento, unha medicación que tampouco pode tomar porque a queima por dentro". Hai persoas no grao catro da enfermidade (o grao máis alto), que viven dentro dunha burbulla, nais, que non poden ter contacto con fillos, netos, nin amigos. Hai persoas con SQM que usan unhas máscaras pero que só lles protexe un 70% dos produtos químicos, aquí é o primeiro punto de axuda que pido para todas as persoas enfermas de sensibilidade química, unhas máscaras onde se lles permita abrazar, saír á rúa, pasear, ter un pouco de calidade de vida…
PIDO UNHA SANIDADE GALEGA DIGNA PARA TOD@ S, PORQUE ESTA ENFERMIDADE A PADECEN MÁIS MULLERES QUE HOMES, UNHA ENFERMIDADE QUE CADA VEZ AFECTA A XENTE MÁIS NOVA. PIDO UN PROTOCOLO EN CENTROS DE SAÚDE E HOSPITAIS PARA QUE POIDAN SER ATENDIDAS SEN POÑER EN RISCO A súa VIDA. PIDO O RECONOCIEMIENTO DESTA ENFERMIDADE POR PARTE DA OMS COMO ENFERMIDADE "María é moi loitadora, seI que non se rende tan fácil, pero desde logo ten unha gran familia que a apoia, pero se de algo que podo dicir, prosigue a súa irmán Olga, moi alto É QUE ME TEN AO SEU LADO. LOITAREI CON ELA, Ao seu LADO, LOITAREI POLOS seus DEREITOS, POLOS DEREITOS DAS PERSOAS ENFERMAS, LOITAREI POR UNHA SANIDADE PUBLICA E DE CALIDADE. SACAREI ESAS FORZAS QUE TEÑO PARA SEGUIR DANDO VOZ A OUTRA INXUSTIZA QUE POR DESGRAZA TAMPOUCO TEÑEN VOZ".

Mañán estarán varias enfermos de SQM no pleno do Concello de Cambados, polo que pedimos que os asistentes acudan non empreguedes colonias nin perfumes, xa que lle teñen unha alerxia que pode resultar moi grave.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.