Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de febrero de 2018

SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA OBRADOIROS NOS CENTROS EDUCATIVOS DE CAMBADOS E INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA










A Concellaría de Servizos Sociais organiza 17 obradoiros neste trimestre en tódolos centros educativos de Cambados, “TBO e non che creo” e “E ti que opinas?”

A Concellaría de Servizos Socias que dirixe Tino Cordal, xunto co Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias, esta a organizar dende a pasada semana actividades de prevención dirixidas ao profesorado e alumnado (nenos/as de 10-11 anos) de 5º curso de Educación Primaria dos centros educativos do concello de Cambados: II edición dos Obradoiros “TBO e non che creo” (intervención socioeducativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol e elaboración dun cómic sobre os mitos do alcohol).
Esta actividade está organizada por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención) e a Concellaría de Servizos Socias dende o 21 ao 27 de febreiro de 2018, rematando mañá con dous obradoiros no CEP “Antonio Magariños Pastoriza”.
A duración dos obradoiros é de 1 h. 50 minutos ou 2 horas aproximadamente (2 sesións). No noso ámbito xeográfico de actuación realízanse durante este 2º trimestre do curso escolar un total de 6 obradoiros (12 sesións) dirixidos a unha poboación total de 153 (146 alumnos/as e 7 profesores/as).
O consumo de alcohol forma parte da nosa cultura, sendo a droga máis consumida no noso pais e da que se ten unha percepción de risco ou perigosidade máis baixa. Dende idades temperás escoitamos e interiorizamos diversos mitos e falsas crenzas sobre os posibles beneficios asociados ao seu consumo. A través de esta actividade queremos incidir nas idades previas ao inicio do consumo de alcohol co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e as crenzas erróneas ou mitos en relación ao uso do alcohol.

INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA OBRADOIROS “E TI QUE OPINAS?”

Durante os días 19-22 de marzo e 9 de abril está programada a realización dos Obradoiros “E ti que opinas?”, dirixidos ao alumnado (11-12 anos) e profesorado de 6º curso de Ed. Primaria. Durante os días 5, 6 e 9 de abril están programadas actividades dirixidas a diferentes cursos de 3º-6º de Ed. Primaria.
No noso ámbito xeográfico de actuación realízanse durante este 2º trimestre do curso escolar un total de 11 obradoiros (22 sesións) dirixidos a unha poboación total de 336 (317 alumnos/as e 19 profesores/as).
Nestes obradoiros abordaranse temas relacionados coa publicidade, drogas legais (alcohol e tabaco), presión de grupo, adicción as novas tecnoloxías e igualdade de xénero.
Os obradoiros son impartidos polo persoal da Área de Prevención do S.P.A.D. (Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias): Mª Angeles Bravo Pombo (Psicóloga Clínica – Responsable da Área da Prevención).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.