Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2018

FÁTIMA ABAL INAUGURA O CURSO DE OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR












O curso AFD (Área de Formación para Desempregados) , subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social será impartido no Centro Sociocultural da Mercé de Cambados dende hoxe ata o 30 de Maio.
A Alcaldesa de Cambados Fátima Abal acudiu onte pola mañá ao Centro Sociocultural A Merced para dar a benvida aos integrantes do curso AFD de Operacións básicas de restaurante e bar .
A formación está dirixida a mozas e mozos traballadores que se atopan en situación de desemprego e está subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O curso terá unha duración de 318 h nas cales están incluídas 80 horas de prácticas que se levarán a cabo en diversos locais da zona do Salnés e será impartido dende onte ata o día 30 de maio, acreditando aos seus integrantes cun certificado de Profesionalidade Nivel 1.
O requisito para este tipo de formación é para traballadores en situación de desemprego e necesitaban estar inscritos nas listas do INEM, o aforamento é de 15 persoas por curso e deuse prioridade a aqueles que máis tempo leven desempregadas e desempregados. Na páxina web do Concello de Cambados na súa Área de Emprego e Orientación Laboral poden informarse sobre todos os cursos para este ano 2018, bases e requisitos.
A Alcaldesa quixo animar aos alumnos e desexarlles moita sorte, esperando que os cursos AFD poidan abrir  portas no mercado laboral a tantos mozos e mozas traballadores que se atopan en situación de desemprego, e pon á súa enteira disposición o Centro Sociocultural da Merced como Centro colaborador da Xunta de Galicia acreditado para este fin.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.