Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de enero de 2018

O PROXECTO SMARTPEME CONVOCA SEIS CURSOS EN XANEIRO EN CAMBADOS









O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN XANEIRO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS

SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de xaneiro, seis obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.

Como utilizar Instagram para promover a túa empresa 10 de xaneiro
Crea o teu propio logotipo con Canva  15 de Xaneiro
Crea os teus propios informes: Google Data Studio 17 Xaneiro
Rentabiliza o teu perfil profesional en Facebook  22 de Xaneiro
Sabes como converter a túa páxina web nunha páxina segura?  25 de Xaneiro
Como facturar electrónicamente  30 de xaneiro

A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.esTodas as actividades deste mes comezarán ás 19.00h.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.