Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de enero de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS PUBLICA A PRIMEIRA OFERTA EMPREGO PÚBLICO DESDE HAI 12 ANOS








O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ( Boppo) publica na súa edición de onte unha oferta de emprego público do Concello de Cambados, a primeira destas características que convoca o Concello desde hai 12 anos.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o 31 de decembro de 2017, acordou por unanimidade dos membros presentes aprobar a oferta de emprego público, ano 2017 (expediente 4925/2017) nos seguintes termos:



Como se ve hai 10 vacantes, pero só unha é por convocatoria libre. As nove restantes son por promoción interna, esto é, para xente que xa traballa na administración local. En total son tres prazas de administrativo e outras seis de operarios (encargado de obras, xardineiros, condutores e oficial de mantemento) por promoción interna, mentres que o concurso libre é para un oficial de administración. Agora hai que agardar ata que se publiquen as bases que rexerán cada convocatoria para poder recoller as instancias os interesados en presentarse a estes postos. A anterior convocatoria de emprego público anulouse, tras pasar varios anos sen concretarse.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.