Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de enero de 2018

PRESENTADAS AS OBRAS DA PISCINA MUNICIPAL







Esta mañán presentouse a obra da nova cuberta da Piscina Municipal de Cambados.
Ao acto asistiron a Presidenta da Deputación, Carmela Silva e o diputado David Regades. acompañados pola Alcaldesa Fátima Abal, e os concelleiros Víctor Caamaño, Tino Cordal, J.R. Abal, Mila Martinez, M. José Cacabelos e Xurxo Charlín. 

A obra foi adxudicada á UTE Prace Servizos e Obras S.A. Copsesa. Deste xeito, a nosa vila contará, nun prazo de 11 meses, cunha das maiores reclamacións que viña facendo a cidadanía de Cambados nestes últimos anos. A empresa presentou unha oferta por 846.744,99 euros, unha rebaixa sobre o prezo que figuraba no concurso pública da substitución da envolvente e diversas melloras no seu interior.


Deste xeito, en canto rematen as obras de mellora e de reforma do complexo deportivo do Pombal, Cambados contará cunhas instalacións que corrixen as deficiencias do anterior edificio e que incluirán a substitución da cuberta do complexo (por mor da deficiencia en transmitancia térmica que presenta na actualidade) e a actualización das instalacións de climatización do complexo deportivo. O novo edificio integrarase no espazo urbano lindeiro, reducindo o impacto ambiental; mellorarase o seu confort térmico, unificaranse o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para así mellorar a resposta funcional deste espazo e modificarase o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico.
Con esta reforma tamén se mellorará a eficiencia das novas instalacións para así cumprir coa normativa aplicable grazas á instalación de sistemas de eficiencia enerxética que reducirán o consumo enerxético mediante o control e a regulación da temperatura, a mellora do sistema de iluminación coa integración de equipos altamente eficaces e con sistemas de control e integración de luz natural e a mellora do sistema de xeración da auga quente sanitaria e o de quecemento da auga da piscina.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.