Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2017

O PLENO EXTRAORDINARIO SERÁ O DÍA DOS INOCENTES









Finalmente o pleno extraordinario solicitado polo PP de Cambados será o 28 de decembro, día dos Santos Inocentes.
Será o último xoves de mes e polo tanto coincidirá co pleno ordinario.
O PP  pideu un pleno extraordinario, e a súa proposta é a do cesamento de Charlín. Considéranlle responsable de que o gasto económico dispararase durante o último trimestre, ata uns 800.000 euros en facturas pendentes de pagar, e que presumiblemente non se poderán abonar ata 2018.

Aínda que todos sabemos que esta é unha desculpa para pulsar o sentir de J.R. Abal para si dunha vez rompe ou non o pacto de goberno.

De todos os xeitos a facultade para cesar a un edil non é do pleno senón que é potestade do alcalde ou alcaldesa. Polo que ese pleno non vai botar a Xurxo Charlín do seu posto de concelleiro de Facenda e Promoción Económica. por outra banda o líder de Pode atópase en Valladolid nun irmandamento coa denominación de orixe de Cigales, e aínda so ten constancia do pleno por chamadas da prensa, segundo declarou hoxe a unha emisora de radio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.