Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de diciembre de 2017

O GROVE O ÚNICO POBO DA COMARCA CON SORTE NA LOTERÍA











A sorte da Lotería de Nadal foi esquiva con Cambados. 

Pero o Salnés pescou algo. O número 51244, agraciado co segundo premio, foi vendido no Grove. Son 125.000 euros por décimo.

En concreto, o número vendeuse na administración de loterías situada na Aldea Comercial da illa da Toxa.

O GORDO, EN VILALBA! Vendéronse 130 series, 520 millóns de euros! 
Segundo premio o 51244 en Xinzo, Baiona, O Burgo, Santa Comba, Monforte e no Grove.
Un cuarto premio, o 13.378. Cae en Vigo entre outras poboacións de España

O primeiro quinto premio que saiu: 58808 premiado por 60.000 euros. Cae en varios puntos de Galicia: Celanova, Carral, Val do Dubra, Santiago, Mesón do Vento, Lugo, Vigo, Pontevedra e O Porriño

Outro quinto: 00.580. En parte vendido en Pantón (Lugo), Val do Dubra, A Coruña e Vigo.

Un terceiro  quinto: 03.278. Moi repartido, tamén caeu en Monforte.

O último quinto premio, o que recaeu no número 22253, premiado con 6.000 euros ao décimo foi tamén vendido en O Grove, Vigo, Tui, Salvaterra de Miño e Ponteareas.
O cuarto quinto premio en saír: 18.065 (6.000 euros)... tamén caeu algo en Galicia: Lourenzá e Vigo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.