Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de diciembre de 2017

O CASTIÑEIRO DO APALPADOR NO AUDITORIO DA XUVENTUDE









O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede' desprega durante este Nadal as súas actividades en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, da man dos Bolechas, de Fantoches Baj, de Uxía e Sérgio Tannus e dos integrantes do grupo A Roda para convidar a xente miúda a festexar o Nadal en galego a través de xogos, teatro e música. A entrada ás actividades é libre e de balde ata completar a capacidade.

O martes, 2 xaneiro, as 12:00 no Auditorio da Xuventude de Cambados poderase ver  O castiñeiro do Apalpador.


Peza baseada na literatura tradicional en que o Apalpador conta por que no Nadal reparte castañas entre os cativos
O actor Inacio Vilariño, da compañía Fantoches Baj, percorrerá estas festas 12 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para achegarlles a grandes e pequenos (de máis de 3 anos) unha das figuras do Nadal tradicional galego: O Apalpador.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.